Home / Sin categoría / XA ESTÁ DISPOÑIBLE O SISTEMA XERAL DE ALERTAS E OPORTUNIDADES DE NEGOCIO PARA EMPRESAS TIC DO PROXECTO ACEint

  • editor-web
  • 1531 Views
  • 0 Comment
  • No tags

Entre as actividades de vixilancia do proxecto ACEint encóntrase a creación dun servizo de vixilancia tecnolóxica para a xeración de alertas sobre oportunidades de negocio dirixido especialmente aos emprendedores e empresas do sector TIC orientados a mercados internacionais.

Este servizo xeral de alertas e oportunidades de negocio para o sector TIC elaborado polo centro de recursos do proxecto ACEint xa está dispoñible. Con el búscase poñer en marcha unha ferramenta de vixilancia de oportunidades no mercado internacional con carácter permanente, que permitirá vixilar oportunidades de negocio no mercado internacional para a creación de novas empresas TIC ou novas liñas de negocio TIC innovadoras e con potencial.

O sistema de alertas e oportunidades de negocio está deseñado a partir da integración e recopilación de información procedente de observatorios, informes, bases de datos e sistemas de vixilancia competitiva existentes específicas para empresas e emprendedores TIC. O servizo consiste na creación dun sistema que xera un informe quincenal que se envía aos emprendedores e empresas que estean dados de alta no servizo.


PARA PARTICIPAR:

As empresas e emprendedores interesados en participar neste servizo de alertas e oportunidades de negocio poden solicitar aquí a súa inscrición.

SOCIOS DEL PROYECTO