Home / eventos / Xornada ACEINT: Empresas e tecnoloxías TIC de impacto global. Oportunidades e limitacións en internacionalización

  • editor-web
  • 1364 Views
  • 0 Comment
  • No tags

Lugar:

Edificio Emprendia. Campus Vida. Santiago de Compostela

Data:

27 de marzo de 2015

Horario:

de 11:00 a 13:30 h

Inscricións:

Para inscribirse na xornada, poden empregar o seguinte enlace: http://www.igape.es/es/xornadas?id=249 (Prazas limitadas)

A USC a través da súa Área de Valorización, Transferencia e Emprendimiento, o IGAPE e o BIC MINHO están desenvolvendo o proxecto Poctep ACEint, que ten como obxectivo que as TIC se convertan nun catalizador da competitividade da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

ACEint pretende actuar sobre unha debilidade existente no sector TIC: a súa reducida taxa de creación de empresas de base innovadora e con orientación a mercados internacionais. Ambos os dous factores, son, na actualidade, clave para asegurar a competitividade e supervivencia do sector.

No marco deste proxecto organizamos esta Xornada

Relatores

PROGRAMA

11:00 – 11:30h – Benvida e presentación do Proxecto ACEint- Acelerador Transfronteirizo para a creación de empresas TIC innovadoras orientadas a mercados internacionais

 

11:30 – 12:15h – Análise da situación do sector TIC e as tecnoloxías de maior impacto a nivel global:

  • Empresas gañadoras e perdedoras no novo escenario das TIC.
  • A revolución SoLoMo e a AppEconomy.
  • A evolución cara ao Cloud Computing.
  • Auxe do BigData.
  • Novo rol dos clientes na súa relación coas empresas TIC.
  • A xestión do talento no sector TIC.
  • Outras tecnoloxías de gran potencial global: Wearables, Internet of the things, e Realidade Aumentada.
  • O auxe das empresas tecnolóxicas chinesas.

 

12:15 – 13:00h – Internacionalización de empresas TIC

  • As TIC e as súas características distintivas.
  • Posicionamento estratéxico, perfís de empresas e vantaxes competitivas
  • Razóns para a internacionalización e formas de entrada nos mercados exteriores
  • Oportunidades e limitacións das TIC españolas
  • Exemplos de internacionalización

 

13:00 – 13:30h – Conclusións e recomendacións

SOCIOS DEL PROYECTO