Home / Sin categoría / ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NOS SERVIZOS DO ACELERADOR TRANSFRONTEIRIZO DO PROXECTO ACEint

  • editor-web
  • 1471 Views
  • 0 Comment
  • No tags

acelerador transfronteirizo para a creación de empresas TIC innovadoras orientadas a mercados internacionais pretende prestar desde o comezo todo o apoio posible para que os proxectos de negocio poidan materializarse a curto prazo. Nel inclúense tres servizos diferenciados:

Servizo de aceleración de modelos de negocio

Trátase dun servizo de tutorizacións intensivas e individualizadas para a posta en marcha de negocios TIC, aproveitando oportunidades de hibridación con outros sectores económicos. Este servizo está dirixido a proxectos relacionados coa cadea de valor das TIC e constará de varias fases: análise previa de viabilidade (análise interna e externa do proxecto, recomendacións concretas sobre as mellores líneas a seguir para a posta en marcha da iniciativa e identificación de elementos a impulsar, mellorar ou modificar para incrementar as posibilidades de éxito do novo modelo de negocio e reducir o risco do mesmo); da idea ao mercado (sesión de formación grupal para o desenvolvemento de capacidades personais); e financiación (traballaranse metodoloxías alternativas para deseñar un plan de negocio axustado a cada necesidade, coas claves para a preparación de proxectos de I+D+i, prepararase aos promotores para o desenvolvemento de futuras entrevistas con posibles investidores e/ou socios comerciais e trataranse de identificar as distintas fontes de financiamento existentes).

Servizo de aceleración de mercado exterior

Trátase dun servizo de aceleración da internacionalización que desenvolverá cun enfoque práctico e ao longo de cinco meses as siguientes accións: consultoría individualizada para a elaboración do Diagnóstico do potencial exportador e do Plan de Acción Internacional; confección da folla de ruta a 12 meses, adecuación de cada producto ao mercado obxectivo, ferramentas de promoción, transporte, etc.; busca e selección de socios comerciais en dous mercados obxectivo e preparación da axenda individualizada en destino; talleres grupais; e viaxes de negocios para manter reunións cos socios comerciais potenciais detectados.

Servizo de aceleración de financiamento

Trátase dun servizo de acceso a financiamento para empresas TIC da Eurorrexión dirixido á obtención de capital risco e capital semente. As empresas participantes ou emprendedores deberán ter un proxecto traballado, maduro e que sexa viable económicamente, e que xustifique a asignación de fondos xa sexa dunha orixe ou doutra para o seu desenvolvemento.

O servizo constará das seguintes fases: análise e validación do proxecto, capacitación do equipo directivo da empresa e do promotor da idea, captación de inversores privados directos e de entidades intermedias e lanzamento da Lonxa de Inversión e Financiamento, formalización do acordo de investimento e seguimento externo por parte do consultor dos acordos acadados na lonxa de investidores e asesoramento nas decisións de desenvolvemento empresarial.


PARA PARTICIPAR:

As empresas e emprendedores interesados en participar nos servizos do acelerador transfronteirizo do proxecto ACEint poden solicitar a súa inscrición na páxina web do Igape. Unha guía de apoio para realizar o proceso de solicitude pode consultarse aquí.

SOCIOS DEL PROYECTO