Home / Sin categoría / ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO SERVIZO DE VIXILANCIA TECNOLÓXICA PERSONALIZADA DO PROXECTO ACEint

  • editor-web
  • 1569 Views
  • 0 Comment
  • No tags

Entre as actividades de vixilancia do proxecto ACEint atópase o desenvolvemento dun servizo de vixilancia tecnolóxica personalizada dirixido especialmente aos emprendedores e empresas do sector TIC orientados a mercados internacionais.

O prazo de inscrición para participar neste servizo personalizado de vixilancia de oportunidades de negocio para empresas TIC, adaptado ás particularidades de cada proxecto empresarial, atópase xa aberto. A través deste servizo elaboraranse periódicamente informes exclusivos para cada empresa, adaptados ás tecnoloxías e ós mercados obxectivo.

Este sistema individualizado de vixilancia de oportunidades de negocio complementarase cun servizo de asesoramento técnico especializado, que permita abordar con éxito as oportunidades de negocio detectadas. As empresas e proxectos emprendedores usuarios do servizo tamén poderán participar noutras actividades do proxecto ACEINT, como a Escola Eurorrexional de emprendemento TIC e o Acelerador Transfronteirizo de Novos Proxectos TIC.


PARA PARTICIPAR:

As empresas e emprendedores interesados en participar no servizo de vixilancia tecnolóxica personalizada do proxecto ACEint poden solicitar a súa inscrición na páxina web do Igape. Unha guía de apoio para realizar o proceso de solicitude pode consultarse aquí.

SOCIOS DEL PROYECTO