Home / Sin categoría / Lonxa de financiamento

  • editor-web
  • 1157 Views
  • 0 Comment
  • No tags

O vindeiro mércores 1 de xullo, no marco do programa ACEINT, celebrarase na Sala Eisenman da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) unha Lonxa de financiamento.

Nesta lonxa, proxectos empresariais de Galicia e Portugal, de marcado carácter innovador e tecnolóxico, exporán o seu modelo de negocio ante diferentes organismos públicos e investidores de carácter privado, co fin de obter apoio financeiro para a súa consolidación e crecemento.

A xornada comezará coa exposición por parte da empresa creadora de videoxogos Gato Salvaje da súa experiencia no proceso exitoso que realizou para obter recursos.

A lonxa estará aberta ao público, polo que se queres asistir á mesma podes solicitar a túa inscrición a través da páxina web do IGAPE.

Na lonxa presentarán os seus proxectos, entre outras, as seguintes empresas:

70 Mandarinas

SyntesysGlobal

TasteLab

Pilgrim Global Solutions

Software for Science Developments

PLAKO

Preference Portugal

Dogoplay

Btree

Displr

Brooband

.

Información sobre a celebración da lonxa de financiación:

  • Data: 01/07/2015
  • Hora de inicio: 09:00h
  • Lugar: Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)

 

PROGRAMA

.

08:45h – 09:00h – Acreditacións e entrega de documentación

09:00h – 09:20h – Inauguración

  • Representante do IGAPE. Juan M. Cividanes, Director xeral de Xesgalicia
  • Representante do BICMINHO. André Vieira de Castro, Presidente do BICMINHO
  • Representante da USC. José Luis Villaverde, Director da área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC

09:20h – 09:50h – Microrrelatorio de Fernando Prieto (Empresa Gato Salvaxe): “Como unha start up conseguiu financiarse a través do capital risco e o crowfunding”

09:50h – 11:30h – Presentación de proxectos – 1ª parte

11:30h – 12:00h – Pausa – café

12:05h – 13:15h – Presentación de proxectos – 2ª parte

13:15h – 14:00h – Mesa redonda: “Como podo financiar o meu proxecto?” Modera Norberto Penedo, director da área de Competividade do Igape.

  • XESGALICIA. Juan M. Cividanes, Director xeral
  • UNIRISCO/UNINVEST. Yolanda Falcón, Directora de investimentos
  • AFIGAL. Rubén Iglesias, Xefe de zona Ferrol-Coruña
  • Club de investidores clúster TIC. Fernando Vázquez de Imatia
  • REDINVEST. Manuel Montes de Micaton Ergonomics

14:15h – 14:20h – Peche da xornada

14:20h – Viño galego. Networking

SOCIOS DEL PROYECTO