Home / eventos / Feira ACEINT: tecnoloxía na nova economía


  • editor-web
  • 1053 Views
  • 0 Comment
  • No tags

(AFORO COMPLETO)

Se a súa empresa pertence ao sector tecnolóxico e quere darse a coñecer noutros sectores, este é o seu evento.
Se a súa empresa non pertence ao sector tecnolóxico, pero lle interesa que empresas tecnolóxicas o coñezan, tamén!

Son tempos de colaborar, de coñecer, de explorar, de imaxinar e de arriscar. Son tempos nos que o cambio se produce de xeito continuado, rápido. Pequenas accións poden ter grandes efectos, e é preciso ter a capacidade para poder adaptarse; pero, ademais, é necesario contar con espazos onde poder encontrar oportunidades para a colaboración, para observar, pero tamén para mostrar. É a nova economía, a nova sociedade, a nova industria. Un sistema global onde todo se relaciona con todo. Cidadanía creativa, empresas sociais, sempre co nexo común da tecnoloxía. Como medio, como fin, como ferramenta sempre.

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), xunto coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e BICMINHO, e baixo o marco do proxecto POCTEP ACEint, organiza unha xornada, o próximo 2 de outubro de 2015 en Santiago de Compostela (Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura), co obxectivo de favorecer encontros bilaterais entre empresas e entidades galegas e portuguesas, do sector tecnolóxico e doutros sectores.

O programa da xornada é o seguinte:

• 11:00-11:15 Recepción e acreditación de asistentes.

• 11:15-11:30 Presentación institucional.

• 11:30-12:30 Sesión inaugural “Somos híbridos”, con Enrique Dans, investigador, divulgador e asesor a startups en materia de rede e tecnoloxía. Profesor de Sistemas de Información en IE Business School.

• 12:30-13:30 Sesións paralelas:

     – Pecha-kucha “Abrindo portas” Presentacións de proxectos e empresas innovadoras. Presentado por Iñaki Quenerapú, evanxelizador dixital e pensador de nomes.

     – “Imaxinemos un futuro xuntos… “ Encontros bilaterais entre empresas-entidades, xa pre-concertadas e con espazo reservado.

• 13:30-15:00 Xantar networking “Tapas híbridas”, incluído na inscrición.

• 15:00-17:00 Espacio-lab:

     – “Design thinking ou thinking design?”. Impartido por Diego Parajó, experto en innovación social. Xeneme Intervención Social.

     – “Construción e deseño con cultura maker”. Impartido por Álvaro Rey, de MakerGal.

• 15:00-17:00 Espazo reunións.

• 17:00-17:15 Peche.

Para calquera información adicional, poden poñerse en contacto coa organización en feria@aceint.eu

ACEint enmárcase dentro do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Portugal (POCTEP), prioridade 1: Cooperación e Xestión Conxunta para o Fomento da Competitividade e a Promoción do Emprego, tema prioritario 11: tecnoloxías da información e a comunicación.

O proxecto conta co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

Descárgate o listado de empresas participantes nos encontros bilaterais
SOCIOS DEL PROYECTO