Home / ACELERADORA

aceleradora_gl

O Acelerador Transfronteirizo para a creación de empresas TIC innovadoras orientadas a mercados internacionais pretende prestar desde o inicio todo o apoio posible para que os proxectos de negocio poidan materializarse a curto prazo.

Servizos:

.

ACELERADOR DE MODELOS DE NEGOCIO

No marco do proxecto ACEINT vaise a desenvolver un servizo de titorizacións intensivas e individualizadas para a posta en marcha de negocios TIC, aproveitando oportunidades de hibridación con outros sectores económicos.
Este servizo está dirixido a proxectos relacionados coa cadea de valor das TICs e constará de varias fases:

Análise previo da viabilidade

Análise interno e externo do proxecto, recomendacións concretas sobre as mellores liñas a seguir para a posta en marcha da iniciativa e identificación de elementos a impulsar, mellorar ou modificar para incrementar as posibilidades de éxito do novo modelo de negocio e reducir o risco do mesmo.

Da idea ao mercado

Sesión de formación grupal para o desenvolvemento de capacidades persoais. Traballaranse de xeito individual con cada emprendedor habilidades de comunicación, negociación e presentacións eficaces. Tamén se ofrecerá apoio para elaborar a documentación comercial e de presentación da iniciativa.

O financiamento

Nesta última fase traballaranse metodoloxías alternativas para deseñar un plan de negocio axustado a cada necesidade, coas claves para a preparación de proxectos de I+D+i.
Ademais prepararase aos promotores para o desenvolvemento de futuras entrevistas con posibles investidores e/ou socios comerciais e tratarase de identificar as distintas fontes de financiamento existentes.
Haberá tamén un apoio específico nas áreas de innovación e internacionalización.

O desenvolvemento do traballo con cada un dos proxectos terá unha duración aproximada de 4 meses, dedicándose entre 40 e 50 horas en cada un deles. A metade das horas serán sesións presenciais in company e o resto do tempo adicarase a facer o seguimento telemático e traballo de gabinete.

.

ACELERADOR DE MERCADO EXTERIOR

No marco do proxecto ACEINT vaise a desenvolver en empresas TIC un servizo de aceleración da internacionalización que ten por obxectivos:

O proxecto ten un enfoque moi práctico, propoñendo que as empresas “aprendan facendo” . Durante 5 meses participarán nas seguintes accións:

1. Consultaría individualizada para a elaboración da Diagnose do potencial exportador e do Plan de Acción Internacional. Recollerase a información necesaria en cada empresa para que a consultora poida preparar estes documentos.

2. Confección da folla de ruta a 12 meses, incluíndo mercados, accións a realizar, ferramentas e presuposto.

3. Adecuación de cada produto ao mercado obxectivo, ferramentas de promoción, transporte, etc.

4. Busca e selección de socios comerciais en dous mercados obxectivo e preparación de axenda individualizada en destino.

5. Obradoiros grupais

6. Viaxe de negocios para manter xuntanzas cos socios comerciais potenciais detectados, avaliación dos resultados obtidos e planificación de tarefas post- viaxe (custe da viaxe non incluído).

.

ACELERADOR DE FINANCIAMENTO

No marco do proxecto ACEINT vaise a desenvolver en empresas TIC un servizo de acceso á financiamento para empresas TIC da Eurorexión dirixido á obtención de capital risco e capital semente.

As empresas participantes ou emprendedores deberán ter un proxecto traballado, maduro e que sexa viable economicamente, e que xustifique a asignación de fondos xa sexa dunha orixe ou outra para o seu desenvolvemento.

Fases do servizo:

Análise e validación do proxecto. De maneira conxunta co emprendedor avaliarase a súa viabilidade, grao de innovación, estratexia comercial e grao de maduración do proxecto, de tal xeito que poida garantir unha rendibilidade ao investidor, sexa cal sexa a fórmula de participación que se estea negociando.
A través dunha entrevista persoal co emprendedor, valorarase tamén a súa capacitación, experiencia profesional e empresarial e o seu perfil persoal.

Capacitación do equipo directivo da empresa e do promotor da idea. Porase en marcha un plan de formación específico dirixido a mellorar a súa capacitación como xestores de negocios, asegurando que amosen unha visión completa sobre a xestión global empresarial. Haberá titorías específicas que cubran as necesidades específicas da súa empresa.

Captación de investidores privados directos e de entidades intermedias e lanzamento da Lonxa de Investimento e Financiamento. Tratarase de buscar posibles investidores para os proxectos que se dean a coñecer na lonxa de investimento e financiamento, facilitándose así a interacción entre eles.

Formalización do acordo de investimento e seguimento externo por parte do consultor dos acordos acadados na lonxa de investidores. Unha vez chegado a un acordo entre as partes, procederase á formalización do mesmo, e realizaranse sesións posteriores de lanzamento para que o investimento sexa unha realidade.

Asesoramento nas decisións de desenvolvemento empresarial. Prestarase servizo de asesoramento ao emprendedor para a revisión da toma de decisións a nivel estratéxico e, sobre todo, operativo.

SOCIOS DEL PROYECTO