Home / ACEint / Sector TIC

sector tic_galego

POR UN SECTOR TIC INTERNACIONAL

sector TIC incide no resto de sectores da economía da Eurorrexión ao ser este transversal e prestar servizos de valor engadido a outros sectores, actuando como unha panca competitiva. Para conseguir que as TIC se convertan nun catalizador da competitividade da Eurorrexión cómpre contar cun sector empresarial TIC innovador e con capacidade para impulsar proxectos de dinamización sectorial.

Tanto en Galicia como no Norte de Portugal, o sector TIC posúe determinados trazos que condicionan a súa competitividade:

Estes factores, entre outros, provocan un desenvolvemento máis lento do desexado do propio sector TIC que incide negativamente na competitividade dos sectores aos que destinan os seus servizos.

Analizando outras realidades xeográficas onde o sector TIC tivo un desenvolvemento máis acelerado, encóntranse dous elementos comúns como factores que propician o progreso e a fortaleza do sector:

Tendo en conta o contexto económico actual, no que son aínda máis necesarias medidas a favor da pequena e da microempresa e do emprendemento, o proxecto pretende ensaiar fórmulas que aceleren o devandito proceso de creación/consolidación, conseguindo resultados a curto prazo e incidindo, polo tanto, de maneira rápida na competitividade deste sector e daqueles aos que dirixen os seus servizos. E, ao mesmo tempo, búscase crear estruturas comúns para a Eurorrexión, integrando un sector TIC por encima de barreiras fronteirizas e apostando pola complementariedade e as alianzas entre sectores e empresas de ambos os lados da fronteira.

SOCIOS DEL PROYECTO