Home / VIXILANCIA

Vixilancia_gl

CENTRO DE RECURSOS PARA A VIXILANCIA DO MERCADO INTERNACIONAL TIC

Un dos servizos avanzados prestado polo proxecto POCTEP ACEINT é o sistema de vixilancia de oportunidades de negocio TIC para empresas da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. As empresas suscritas ao servizo recibirán periódicamente información sobre oportunidades de negocio e mercados de interese. En casos concretos esta información estará adaptada e segmentada ás particularidades de cada proxecto empresarial, considerando as distintas tecnoloxías e mercados obxectivo.

O centro permite identificar e vixiar novas oportunidades de negocio no mercado internacional para a creación de novas empresas TIC ou a definición de novas liñas de negocio TIC innovadoras e con potencial de crecemento.

A plataforma web funciona a través de dous niveis de servizo:

1. Sistema xeral de alertas e oportunidades de negocio do sector TIC elaborados polo centro de recursos, a través da recopilación de información procedente de observatorios, informes, bases de datos e sistemas de vixilancia competitiva existentes específicas para empresas e emprendedores TIC. Ofreceranse os seguintes servizos de información:

2. Servizo personalizado de vixilancia de oportunidades de negocio para empresas TIC, adaptado ás particularidades de cada proxecto empresarial. Este servizo elabora periódicamente informes exclusivos para cada empresa, adaptados ás tecnoloxías e mercados obxectivo. Este sistema de vixilancia de oportunidades de negocio compleméntase cun servizo de asesoramento técnico especializado, que permita abordar con éxito as oportunidades de negocio detectadas.

O sistema xeral de alertas e oportunidades de negocio xa está disponible e o prazo de inscrición para o servizo personalizado de vixilancia encóntrase nestes momentos aberto. Para consultar cómo participar nestes servizos, faga click aquí.

Se desexa obter máis información sobre os servizos de vixilancia de ACEint, faga click aquí para acceder ao microsite de vixilancia.

SOCIOS DEL PROYECTO